Padrodado Fogar de Bergantiños

Candidatos

BUSCADOR: Por categoría:
Por nome:

Vazquez Espasandín, Eduardo (Gaiteiro Jai Jai)

A afección da gaita púxoma o mundo, porque eu viña por aí e cantaba a estilo juventú. Sentíanme cantar e era cando dicían “pois ti tiñas que ser enxebre, gaiteiro”, ¡Que gaiteiro!. ¡que eu teño oficio dabondo!, dicía eu”. Efectivamente o instrumento de Eduardo de Nenucha, o Jay Jay de Neaño, era o bombo. Tanto talento che tiña como cantante e animador que a súa sona se estendeu por todo Bergantiños. Dende moi mozo, e ata poucos anos da súa morte, acudiu puntualmente á máis grande romaría da volta, o San Fins do Castro. Desa primeira época é a famosa foto, na que Eduardo posa cos seus compañeiros acarón dun bombo decorado con esta lenda “JAITEIROS DE NEAÑO Y JAY JAY”. Naceu en Rebordelo, o 8 de decembro de 1909. A comezos da década dos vinte, uns rapaces de Neaño decidiron ser gaiteiros. Aprenderon sós. Mesmo, ás veces, tiñan que botar a noite toda antes da actuación tentando facer unha palleta que afinase, palletas de antes feitas de corno de vaca. Axiña acudiron a Eduardo. “Os compañeiros eran ferreiros, ¿entendes? Ei traballaba na casa dos meus pais, de carpinteiro. E entonces chegaron un día pola tarde e dixéronme eles:”Bueno, nós vimos a xunta ti, porque te sentimos cantar por aí adiante. Nós queremos que veñas con nos, toca-lo bombo se queres”. Bueno, díxenlles eu, eu vou”. No ano 27 debutaron no San Fins. Axiña Eduardo colleu sona e foi coñecido en toda a volta polo “agrú”, polo aturuxo co que saudaba. Zoupaba no bombo e berraba: Jai, jaiiiiiii”. Despios da guerra desfíxose o conxunto. Mais Eduardo seguiu sendo reclamado en todas as festas. Tivo que buscar novos compañeiros. Foron os tempos do Jay Jay e os Enxebres de Neaño, nome que lles puxo o propio Saturnino Cuíñas, o crego de Cesullas. Despois andou uns anos cos Maravillas de Corme. Tamén tocou con Jesús, “o Galo de San Clemente”, do Concello de Zas. Eduardo foi buscalo á súa casa no coche dun sobriño. Jesús xa estaba deitado, velaí as palabras do Jay Jay, “díxome el: “¿E ti que me traes Eduardo?”. Unha cousa para ti e máis para min. “Se é alegre xa estamos”. Mañán temos que ir tocare a Santa Isabel a Langueirón. E dixo el “Xa estou conforme. Nada, si, imos. Vou, hombre, vou.”. Bueno pois xa está. Prrepára-la gaita e a tal hora… E despios anduvimos ata que morriu. E cando morríu dixo el: Ah, que tan desgustado estoy por non resistir un pouco máis contigo. Mira, eu non te podo sanar, senón xa estabas curado e non enfermabas máis. E así botámo-la vida”. Tanta sona colleu o grande artista de Neaño que ata creou estilo á hora de nomear aos conxuntos. Preto da súa cas, en Anos, houbo un grupo chamado Jaiteiros de Anos y Ju Jú. “Eles y Ju Jú e eu, y Jay Jay”, puntualizaba Eduardo. Entre tantas aventuras sembraba ben o día que fora á Coruña actuar no programa de Radio Desfile de Estrellas, “Éramos vintesete concursantes e quen estaba con nós era Marinita de la Peña, unha muñeca que hoxe é unha señora… Non ves que eu tamén era mozo. E por eso digo eu:¿Viva la juventú! E deséolle ben ós jóvenes. É unha das cousas máis grandes da vida, home. Anquee u a miña vida non a pasei amargada nunca. Senpre a pasei alegre, ante o mundo e o mundo me quixo, e o mundo me quere. E así fago”. Marchou Eduardo de Nenucha, unha gloria da música popular galega. Foi a nosa condición finita, non a falta de ánimo, quen o levou. Agora tócanos aos seus discípulos manter haches a memoria de tanta arte. Gracias, mestre Jay Jay. Nas boas repichocas ha seguir soando o grande retrouso que ti nos ensinaches: “¡Viva la juventud, e os vellos que non morran!”. Un referente de alegría para todo Bergantiños Por este tempo Eduardo e mais a súa dona Josefa –finaba o pasado ano-, principiaban a preparar a súa inexcusable viaxe á capital de de Bergantiños. O día 24 decembro eles dous eran quen de encher todo Carballo cos seus cantos de Ndal. I Jay Jay nunca parou de armar festa. Cantou en vodas, fiadas e “panilladas”. Compartiu escenario cos mellares regueifeiros. Percorreu todas as romarías da baixa de Bergantiños. Foi vinte ao Santiaguiño do Monte, en Pdrón – o seu era o único grupo con cantador- e o mesmo botou o seu “agrú” pola parte do Carballiño. Mais como bon bergantiñán, ademais do seu San Fins, o que sempre máis lle tirou foi a Barca de Muxia e a Barquita de Ponteceso, “botábamos tres días en Muxía. Aínda teño un bo recordo. No campo de fútbol rompéronme o bombo. Foi o balón a dentro do bombo. E despois pagábanmo e díxenlle eu: Ac, deso nada. Na Barquita tocamos nós e Os Trovadores e Os Satélites moitas veces. Tamén a Florida de Pontevedra, co Diosito ese, que tocaba o acordeón no lombo e nós tocábamos detrás del. Aquelas eran festas”.

Edicións nas que foi nominado:

Edición Categoría Galardóns Foto do acto de entrega Descargas Méritos
bergantiñán A título póstumo. Compoñente do emblemático grupo de gaiteiros "Os Gaiteiros de Neaño", Contribuíu durante máis de 60 anos á difusión da música tradicional galega e da labor do gaiteiro coas súas alboradas e actuacións en tódalas festas da nosa comarca. Fíxose famosa a súa frase "Viva la Juventú!!!!"
  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz