Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2013

Lugar de entrega dos galardóns: Salón de Plenos do Concello de Carballo
[30-05-2014]

Composición da mesa:

Nominados Galego do ano

Centro de Estudio Mamiferos Mariños (CEMMA

Centro de Estudio Mamiferos Mariños (CEMMA

CEMMA é unha ONG galega con vinte anos de experiencia no estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia.Desde 1999 é, a única institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, a xestión do banco de mostras oficial, a recuperación de animais feridos, o estudo poboacional destas especies e a redacción dos plans de xestión das especies máis ameazadas. É membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society.

Egido, José Angel

Egido, José Angel

Redondela, 1953. José Ángel Egido contou cun papel destacado en «Aquí no hay quien viva», «7 vidas», «Hospital Central», «El Comisario», «Policías, en el corazón de la calle» ou «Un paso adelante». En Galicia aínda se lembra o seu paso por «Pratos Combinados». Hoxe é don Bernardo Cela en «Gran Reserva. El Origen», serie das sobremesas da Televisión Española. E en «Águila Roja» dá vida ao Cardeal Mendoza.


Fundación Rosalía de Castro

Fundación Rosalía de Castro

Encargada de velar e manter o legado e memoria da nosa máis grande poetisa e escritora en galego Rosalía, ten a súa sede en Padrón, Estivo moito no candeleiro no ano 2013 ao cumprise 150 anos da publicación do poemario "Cantares Gallegos".

Gago Mariño, Manuel

Gago Mariño, Manuel

É profesor asociado no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, impartindo materias como Arquitectura da Información e Teoría dos Cibermedios. Ao mesmo tempo, é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega. Publicou no 2013, "Vento e chuvia", que introduce ao lector no fascinante mundo da Idade do Ferro e que está a ser un dos libros máis vendidos na categoría de narrativa galega

Gómez Noya, Javier

Gómez Noya, Javier

Deportista ferrolán, triatleta, campeón mundial sub-23 no 2003, campeón de europa no 2007 e campeón da copa do mundo no 2006, é un dos máis importantes deportistas galegos da historia. Destaca a súa traxectoria deportiva e a súa fortaleza e adicación como exemplo de esforzo persoal. En 2007, foi considerado o mellor deportista galego do ano.En 2013 acadou a campeonato de Europa de media distancia, e foi novamente campión do mundo de triatlón.
Video acto entrega

López Gómez, Felipe Senén

López Gómez, Felipe Senén

Natural do Carballiño, é Arqueólogo e escritor. Entre 1975 y 1996 foi director do Museo Arqueolóxico de A Coruña. Desde 1996 é Técnico de Xestión Cultural e Museólogo da Diputación da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e do Instituto J. Cornide de Estudios Coruñeses. Pertenece ao Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e á Comisión de Patrimonio Cultural do Consello da Cultura Gallega.Ten

Nuñez Centella, Ramón

Nuñez Centella, Ramón

Nacido na Coruña, é divulgador científico. Licenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e Master of Arts en Enseñanza de las Ciencias por New York University, concebiu e diseñou os tres Museos Científicos Coruñeses: Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ramón Núñez dirixiu os tres museos desde a sua creación ata o año 2008. Foi tamén director do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España. Está considerado como o impulsor da nova museoloxía científica en España.

Portela, Teresa

Portela, Teresa

(Cangas, 1982). Se ben non conseguiu medalla nas Olimpiadas de Londres, ten 13 medallas en campionatos mundiais de piragüismo. En 2013 a palista de Aldán (Pontevedra) foi medalla de prata no Europeo de Portugal. Meses máis tarde, xa embarazada, concluiu na cuarta posición no Campionato do Mundo. Pouco despois aparcaba a súa carreira para dedicarse en corpo e alma a un desafío aínda maior: a maternidade. Dará a luz a finais de marzo.

Veciños de Angrois

Veciños de Angrois

A súa humanidade, entereza e dedicación aos demais na atención ás víctimas do accidente de ferrocarril ocurrido no seu barrio compostelano o 24 de xullo do 2013 queda na memoria de todos. Deixaron as súas ocupacións para coidar aos lesionados e sacalos dos convois sen ter en conta a súa propia seguridade.   

Video acto entrega

Nominados Carballés do ano

Bergantiños, Futbol Club

Bergantiños, Futbol Club

Pola súa labor de promoción e desenvolvemento do fútbol durante 90 anos. Poucas entidades deportivas, non só da Comarca senón de toda Galicia poden presumir de celebrar o 90 aniversario, e seguir disputando ligas e formando xogadores da zona.

Cobas Vázquez, Jesús

Cobas Vázquez, Jesús

Leva máis de 25 anos sendo presidente da Agrupación Cultural "Arume" de Berdillo. Son moitos anos pilotando un grupo de xente que invirte o seu tempo libre en dinamizar a vida cultural desde unha parroquia rural, desenvolvendo diversidade de actividades nas que participan xentes de tódalas idades e procedencias, convertíndose nun referente en toda a Comarca.

Escola de Basket Xiria

Escola de Basket Xiria

O traballo coa canteira, filosofía que se ven realizando dende a creación da Escola de Básket Xiria, sergue sendo o prioritario do Carballo Básket Xiria, con independencia de manter o equipo na Liga EBA. O traballo das Escolas, ademais de incrementar o número de participantes, supónestablecer colaboración con outras entidades de Bergantiños e A Coruña.

FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro)

FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro)

O Festival Internacional Outono de Teatro cumpriu 22 anos e é xa un referente no calendario teatral no só galego senón tamén a nivel nacional. As mellores compañías xa están pendentes dunha das citas máis importantes do outono a nivel de artes escénicas. A última edición foi a máis exitosa.

Freixeiro Mato, Xosé Ramón

Freixeiro Mato, Xosé Ramón

Nacido na parroquia de Cances, do que sempre presume, é director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña. Licenciado en Maxisterio, Filoloxía Románica e Filoloxía Galego- Portuguesa, imparte clases na facultade de Filoloxía da Coruña. Ademais é autor de numerosos ensaios sobre a lingua galega.

García Gondar, José

García Gondar, José

Naceu en Oca- A Estrada. Chegou a Carballo hai 41 anos como cura párroco de San Xoán Bautista. Produndamente implicado na vida pastoral e social de Carballo, xestiona cursos, actividades formativas, pastorais, asociacións, etc. Foi Vicario Episcopal da Coruña, e desde hai anos exerce de crego ademáis noutras parroquias do Concello de Carballo. O ano pasado tivo repercusión internacional o Ano Xubilar Mariano na Capela da Milagrosa, creándose tamén a casa de Acollida "Fogar Dª Basilisa".

Video acto de entrega 

Irmáns José Manuel e Juan Buño Suárez

Irmáns José Manuel e Juan Buño Suárez

Carballo, 1964 e 1972) son cegos de nacemento. Malia esa discapacidade, ambos irmáns desempeñan traballos de responsabilidade. José é o xefe do departamento de vendas da Once en Galicia, e Juan é instrutor de tiflotecnoloxía e braille: algo así como profesor de informática para invidentes.

Mama Lola Estudios

Mama Lola Estudios

Ten feito diversas campañas publicitarias, coma a de "Carballo a un paso", do Concello carballés, ou outra para o GDR. Ademáis, son os creadores da serie animada "Un sitio distinto", as aventuras dun pobo ficticio chamado Miñanco inspirado en Bergantiños que pode verse a través da sua páxina web.

Pombo, Karina

Pombo, Karina

Moza carballesa que exerce como investigadora na cidade alemana de Dresde. Logrou incluirse entre os cinco primeros ponentes que foron elexidos entre un cento de mozos para mostrar os seus traballos en Falling Walls, celebración da caída do Muro de Berlín.

Varela Bardanca, María

Varela Bardanca, María

Deportista carballesa. Vinculada desde sempre ao mundo do fútbol feminino tanto como xogadora coma adestradora, chegou a ser a seleccionadora do equipo galego de fútbol sala feminino.

Nominados Bergantiñán do ano

Asocición Ambiental Senda Nova

Asocición Ambiental Senda Nova

É unha entidade sen ánimo de lucro composta duns 40 socios, principalmente das comarcas de Bergantiños e Soneira. Ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, sobre todo destas comarcas. Deste xeito, véñense levando a cabo diversos proxectos de posta en valor do noso patrimonio.

Escola Familiar Agraria FONTEBOA

Escola Familiar Agraria FONTEBOA

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa leva máis de 30 anos en funcionamento, e seguesendo un dos referentes educativos da Costa da Morte. O modelo educativo de Fonteboa é un dos máis apreciados na Costa da Morte, e do centro saíron os agricultores e gandeiros mellor formados da zona.   

Martinez, Chus

Martinez, Chus

Nacida na aldea pontecesá de O Couto, esta conservadora percorreu medio mundo dirixindo distintos museos. Ven de deixar o Museo Barrio de Nova Iorque para ir ao Instituto de Arte da Academia de Arte e Diseño, que depende da Universidade de Ciencias Aplicadas e Arte do Noroeste de Suiza. Traballou en museos de Barcelona, Bilbao e Frankfurt, entre outros.

Pardines Rojo, Gloria de los Angeles

Pardines Rojo, Gloria de los Angeles

Natural de Malpica de Bergantiños. É a directora da Coral Polifónica de Bergantiños desde hai anos. Desde 1992 é profesora do Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Gloria ten a carreira de Canto, realizada no Conservatorio coruñés e cunha estancia de dous anos en Madrid. Está en posesión da Insignia Marcial del Adalid

Pérez y Verdes, Ricardo

Pérez y Verdes, Ricardo

O creador do Museo Etnolúdico de Galicia (Melga), o único que hai na nosa Comunidade, elexiu Ponteceso para a instalación da súa colección. A través do xogo e o deporte permite coñecer a historia e as costumes da comarca e de Galicia. A súa instalación atrae á zona a grupos de rapaces e de maiores de tódolos lados para coñecer ou lembrar o xeito que tiñan os nenos de divertirse.

Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños

Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños

Veciños e ecoloxistas crean a plataforma para denunciar que a explotación do xacemento por parte da multinacional Edgewater podería contaminar a paraxe con arsénico e cianuro, na parroquia de Corcoesto do concellode Cabana de Bergantiños.

Pumar Gándara, José

Pumar Gándara, José

Pola súa extraordinaria erudición, cultura, humanidade e capacidade de investigación que compilou en"Viaxe ao corazón de Bergantiños", un libro que dá idea do seu coñecemento e o seu amor pola comarca e tamén polo municipio carballés. 

Video acto entrega

Xesús San Luis Romero

Xesús San Luis Romero

Nacido en Carballo o 9 desetembro de 1872, non só asinou escritos cos alcumes de "un mozo bergantiñán" e "un vello bergantiñán", senón que co seu propio nome escribiu e publicou numerosas obras en prosa, verso, para teatro, como: A foliada no rueiro, A volta do bergantiñán, No quinteiro, O conto do avó, etc.

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz