Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2014

Lugar de entrega dos galardóns: Salón de Plenos do Concello de Carballo
[10-07-2015]

Composición da mesa: Alcalde Concello de Carballo. D. Evencio Ferrero Rodríguez.
Deputado do Parlamento de Galicia. D. Aurelio Núñez Centeno
Secretaria Territorial da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Dona Mª Camino Triguero Salas
Presidenta Padroado Fogar de Bergantiños. Dona JosefinaRey Baldomir.
Representante Fundación Luis Calvo Sanz. Don Ricardo Añón Seijas
Secretario Padroado Fogar de Bergantiños. D. Pedro Luis Fernández Pombo.
Mestre Cerimonia. D. Pedro Tasende Cancela.

Nominados Galego do ano

Asociación Nove Grupo Gastronómico

Asociación Nove Grupo Gastronómico

Colectivo de 22 cociñeiros e 18 restaurantes que forman parte da asociación creada en 2003 coa que se propuxeron reivindicar a modernidade e vixencia da nova cociña galega así como difundir a cultura gastronómica galega a toda a poboación, dentro e fóra de Galicia

Campaña “Vivamos como galegos” de Gadisa

Campaña “Vivamos como galegos” de Gadisa

Mundialmente coñecida, esta campaña de publicidade  marca dende fai máis de cinco anos a imaxen social dunha das maiores firmas de distribución alimentaria de Galicia. A campaña deselvolvida pola Axencia BAP & Conde converteuse na máis vista e premiada da historia da publicidade en Galicia cos seus spots de “Soñemos como galegos!” e “Se chove, que chova!” nos cales se van narrando diferentes situacións e a maneira ‘en que as afrontamos os galegos.

Casal , Luz

Casal , Luz

Esta cantante galega, ademais de ser unha das principais voces femininas do pop e rock español –sendeixar de lado outros estilos musicais- é tamén unha muller solidaria e comprometida na loita contra o cancro e noutros problemas que padece a nosa sociedade.

Video acto de entrega

Ignacio Vilar e Carlos Asorey

Ignacio Vilar e Carlos Asorey

Ignacio Vilar, director de "A esmorga" e Carlos Asorey, responsable da adaptación da novela homónima de Blanco Amor, son   candidatos aos preciados premios Goya do cine español e optan coseu exitoso filme á estatuilla ao mellor guión adaptado.

Lois Patiño

Lois Patiño

Xoven mozo vigués que está contribuíndo a espallar o nome de Galicia por todo o mundo co seu documental “Costa da Morte”, un traballo audiovisual no que tratou de captar a esencia desta comarca. Dende a súa estrea, este director emerxente non deixou de colleitar éxitos e premios nacionais e internacionais

López Gómez, Felipe Senén

López Gómez, Felipe Senén

Natural do Carballiño, é Arqueólogo e escritor. Entre 1975 y 1996 foi director do Museo Arqueolóxico de A Coruña. Desde 1996 é Técnico de Xestión Cultural e Museólogo da Diputación da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e do Instituto J. Cornide de Estudios Coruñeses. Pertenece ao Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e á Comisión de Patrimonio Cultural do Consello da Cultura Gallega.

Mostra do Encaixe de Camariñas

Mostra do Encaixe de Camariñas

Dende 1981, cada Semana Santa e presidida celébrase "A Mostra do Encaixe de Camariñas", certame comercial e cultural de ámbito internacional, declarado de Interese Turístico de Galicia. Dentro do recinto feiral, que celebra os seus 25 anos de historia, o visitante, entre outras actividades, atoparase con exposicións, demostracións ao vivo e venda de encaixe elaborado en diversas partes do mundo.

Nominados Carballés do ano

A. C. Telón e Aparte

A. C. Telón e Aparte

Pola creación, mantemento e organización do Festival Internacional Outono de Teatro, a día de hoxe, un dos eventos teatrais máis importantes de Galicia.

Antelo Quintáns, D. Jesús

Antelo Quintáns, D. Jesús

Natural do Val do Dubra, leva vinculado a Carballo como crego prácticamente desde sempre, sobre todo na parroquia de Cances, onde en colaboración cos vecinos leva promocionando desde hai anos, ademáis da propia sacerdotal, unha ardua labor asociativa, cultural e vecinal. O pasado ano 2014, celebrou as suas bodas de ouro como crego.

Video acto de entrega

Apart e Chicharrón:

Apart e Chicharrón:

 Duns grupos de amigos e veciños de Carballo con inquietudes similares e paixón pola música xurdiron estas bandas de música rock e indie respectivamente que presentaron en 2014 os seus proxectos por todo o alto. Son uns grupos xóvenes que están conseguindo facerse un oco na actual escea musical con numerosos concertos en salas e festivais.

Cobas Vázquez, Jesús

Cobas Vázquez, Jesús

Leva máis de 25 anos sendo presidente da Agrupación Cultural "Arume" de Berdillo. Son moitos anos pilotando un grupo de xente que invirte o seu tempo libre en dinamizar a vida cultural desde unha parroquia rural, desenvolvendo diversidade de actividades nas que participan xentes de tódalas idades e procedencias, convertíndose nun referente en toda a Comarca.

Video acto de entrega

Crea Formas

Crea Formas

Colectivo de artistas e creadores composto por fotógrafos, ceramistas, pintores, escultores, ilustradores, etc. que decidiron poñer en marcha una entidade cultural propia, nacida en Carballo e presidida por Mon Lendoiro, pero da que forman parte tamén artistas doutros puntos de Bergantiños e que leva a cabo diversas actividades e exposicións.

Gómez Anido, Valeria

Gómez Anido, Valeria

Deportista carballesa pertenecente ao clube Sysca, que a pesar da xúa xuventude (tén 15 anos), xa leva acadados numerosos recoñecementos na disciplina do salvamento e socorrismo, como diversos campionatos galegos, de España, e foi 5ª e 1ª de Europa no Campionato do Mundo celebrado o ano pasado Montpellier

Miguel de Cances

Miguel de Cances

Miguel Calvo “O Mighelo”, é un home polifacético: pintor, gaiteiro, acordeonista, involucrado fondamente na vida social e cultural da súa parroquia carballesa de Cances, é sobre todo unha persoa que vive por e para a cultura e tradición galega nas súas distintas facetas. Forma parte do colectivo de artistas Creaformas.

Ponte Balboa, José Manuel

Ponte Balboa, José Manuel

Ao noso benquerido amigo e compañeiro desaparecido, por tantos anos de colaboración con esta e outras entidades do Concello de Carballo.

Video acto de entrega

Proxecto Derrubando muros con pintura

Proxecto Derrubando muros con pintura

Proxecto que converteu a Carballo durante 2014 nun “museo” de arte urbana contribuíndo ademáis a erradicar o feísmo constructivo da vila no que artistas locais e internacionais participaron impulsados pola Concellería de Promoción Económica do Concello e que conta xa con 20 obras que se irán ampliando nos próximos meses con novos murais.

Nominados Bergantiñán do ano

Asocición Ambiental Senda Nova

Asocición Ambiental Senda Nova

É unha entidade sen ánimo de lucro composta duns 40 socios, principalmente das comarcas de Bergantiños e Soneira. Ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, sobre todo destas comarcas. Deste xeito, véñense levando a cabo diversos proxectos de posta en valor do noso patrimonio.

Video acto entrega

Camiño dos Faros

Camiño dos Faros

Un grupo de amigos —Os Trasnos— idearon en 2012 enlazar camiñando polo borde do mar Malpica e Fisterra e deste xeito foi como crearon unha ruta de sendeirismo de 200 kilómetros, un camiño que ten o mar como maior protagonista e que pasa por tódolos faros e principais puntos de interese da Costa da Morte.O seu obxectivo é que este Camiño exista e que o descubra o maior número de xente sempre co máximo respeto á natureza.

Escola Familiar Agraria FONTEBOA

Escola Familiar Agraria FONTEBOA

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa leva máis de 30 anos en funcionamento, e seguesendo un dos referentes educativos da Costa da Morte. O modelo educativo de Fonteboa é un dos máis apreciados na Costa da Morte, e do centro saíron os agricultores e gandeirosmellor formados da zona.

Video acto de entrega

Grupo de investigación que identificou a ataxia da Costa da Morte

Grupo de investigación que identificou a ataxia da Costa da Morte

Un grupo de profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e tamén da Fundación Galega de Medicina Xenómica do Hospital Clínico descubriron uns patróns na Costa da Morte da ataxia (torpeza ou perda de coordinación), co que se poderán diagnosticar pacientes en fase asintomática e desde a vida intrauterina, e que se publicará na prestixiosa revista científica Brain.

Muiño Varela, Cristian

Muiño Varela, Cristian

O atletismo está en auxe na comarca e un exemplo é o caso deste xoven coristanqués do Clube Alejandro Gómez, o atleta que conquistou no 2014 o circuito de carreras populares Costa da Morte.

Rabuñal Patiño, José Luis

Rabuñal Patiño, José Luis

Aínda que licenciado en dereito, é o máximo experto sobre avistamiento de aves no estuario do Anllóns. Descubriu a finais dos anos setenta que a Costa da Morte era a ruta de entrada na Península Ibérica de aves procedentes de Norteamérica. Na Praia da Urixeira en Cabana de Bergantiños hai un miradoiro de aves que leva o seu nome. Considerado quizais coma o mellor ornitólogo galego e un dos mellores de España.

Xesús San Luis Romero

Xesús San Luis Romero

Nacido en Carballo o 9 desetembro de 1872, non só asinou escritos cos alcumes de "un mozo bergantiñán" e "un vello bergantiñán", senón que co seu propio nome escribiu e publicou numerosas obras en prosa, verso, para teatro, como: A foliada no rueiro, A volta do bergantiñán, No quinteiro, O conto do avó, etc.

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz